[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Juan Fariña anuncia contundencia con Fomento para reclamar o recorte dos prazos construtivos da obra en canto chegue á alcaldía, sen descartar a convocatoria de mobilizacións de protesta.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa denuncia algo evidente e verificable; dende hai semanas ningunha persoa traballa nas obras iniciadas no quilómetro 580 da N6 en Guísamo (cruce coa estrada de Ferrol). Se ata o de agora ditas obras se caracterizaron pola reducida presenza de persoal e maquinaria para a súa execución, neste momento -e repetimos, dende hai semanas- a actividade no lugar é inexistente. As obras están completamente paralizadas.
Esta paralización ten responsables. En primeiro lugar o propio ministerio de Fomento, por suposto. Mais, en segundo lugar, a responsabilidade recae e debe recaer sobre unha alcaldesa de Bergondo cuxa actuación ao respecto se caracteriza pola pasividade e a compracencia (compracencia coa administración do Estado, do seu mesmo color político). Alejanda Pérez foi a alcaldesa que se negou a acordar cos outros grupos políticos de Bergondo a iniciativa de Alternativa dos Veciños para reclamar a Fomento a drástica redución dos 28 meses de prazo estimados para as obras. Alejandra Pérez foi a alcaldesa que mentiu ao pleno de Bergondo, escudándose na suposta idoneidade dese prazo, para garantir (dixo) a boa execución das obras, cando a verdadeira razón de tal despropósito de prazo é outra; Fomento pagará a execución dese proxecto repartindo o gasto en anualidades, non aportando, xa que logo, os fondos suficientes para que ditas obras comecen , teñan continuidade e rematen nun tempo razoable.
En definitiva, Fomento e Alejandra Pérez mentiron e engananaron á cidadanía de Bergondo e aos miles de usuarios da vía, anunciando a bombo e platillo (e con moitas fotos) unha intervención tan importante na nosa rede viaria, convertida por eles nun obra mediocre, lenta, sen recursos materiais e humanos, e agora, por riba, paralizada.
Juan Fariña anuncia que, en canto chegue á alcaldía, tomará medidas contundentes para reclamar a Fomento os medios para acelerar as obras en curso, sen descartar, chegado o caso, a convocatoria de mobilizacións de protesta para facer ver ao ministerio a grave responsabilidade na que está incorrendo.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]