Alternativa dos Veciños demandará a creación dun Centro de Día en Carral
Alternativa dos Veciños demandará á Xunta de Galicia a creación dun Centro de Día con servizo de transporte en Carral.
As políticas de Alternativa dos Veciños dirixidas ás persoas maiores teñen como fin último a súa calidade de vida e o seu benestar, de forma inclusiva e participativa, transformándoos en protagonistas das súas decisións e outorgándolles a posibilidade de ter un envellecemento activo e dinámico na súa propia contorna. En Carral existe un déficit manifesto de políticas de envellecemento activo.
Entre outras medidas, Alternativa dos Veciños Carral demandará a creación dun Centro de Día en Carral con servizo de transporte e recollida das persoas maiores polas distintas parroquias do municipio.