Alternativa dos Veciños demanda restablecer as frecuencias nas liñas de transporte público

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños demanda restablecer as frecuencias nas liñas de transporte público

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Ante a progresiva normalización que se está a producir, Alternativa dos Veciños reclama que a Xunta de Galicia ordene ás compañías de transporte que volvan a prestar o servizo coas frecuencias habituais. Debido ás restricións impostas no número de viaxeiros por autobús, mesmo podería ser preciso incrementar o número de autobuses nas liñas para prestar o servizo que demanda a cidadanía.

Veciños e veciñas de todos os municipios da comarca da Coruña están a chegar tarde aos seus postos de traballo por non poder coller o autobús habitual polos límites de viaxeiros establecidos. Estanse a ver especialmente prexudicadas por esta situación as persoas das últimas paradas dos percorridos.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!