[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa de Arteixo demanda ó Concello que actúe no barrio das Eiras, en Meicende
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]A situación no barrio das Eiras en Meicende é caótica, onde se carece dos servizos urbanos mínimos, existen diversos edificios en estado ruinoso, corredoiras cheas de fochancas…
A rede de sumidoiros leva causando problemas máis de 30 anos. Algunhas casas deste barrio sofren inundacións constantemente e o concello no canto de buscar solucións ao problema, simplemente pretende arranxalo con indemnizacións no caso de que procedan.
Doutra banda, o barrio das Eiras é un dos punto de venda de drogas no municipio e os veciños de Meicende xa non poden seguir soportando esta situación de inseguridade.
O goberno pretenden solucionar este grave problema cunha presunta operación urbanística especulativa que marxina aos residentes expropiándoos ou non incluíndoos non ámbito da unidade de actuación.
Alternativa dos Veciños demanda unha solución urbana na que se conte con toda a veciñanza afectada e que se leve a cabo canto antes.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]