Alternativa dos Veciños demanda máis profesado de apoio para o alumando con necesidades especiais

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños demanda máis profesado de apoio para o alumando con necesidades especiais

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O Concello de Oleiros demandou á Xunta de Galicia que incremente o número de profesores de apoio en todos aqueles centros públicos nos que se produciron recortes respecto ao curso pasado, para unha correcta formación dos nenos e nenas con necesidades especiais. Centros de ensino público como o Valle Inclán, A Rabadeira ou o Luis Seoane, entre outros, precisan dun incremento do profesorado de pedagoxía terapéutica e de audición e linguaxe.

Desde as ANPA de varios destes centros están a denunciar a situación e a realizar diversas iniciativas para que a Consellería de Educación modifique a súa postura. O Goberno municipal, ademais de realizar a correspondente solicitude, tamén está a amosar o seu total apoio a todas estas reivindicacións.

Por outro lado, o Concello está a demandar á inspección de educación que escolarice no mesmo centro a dous irmáns xemelgos de 4 anos que teñen unha discapacidade. Nunha decisión carente da máis mínima sensibilidade, a Xunta decidiu enviar a distintos colexios a estes dous irmáns aos que pola súa zona de residencia lles correspondería ir ao colexio Valle Inclán.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!