Alternativa dos Veciños demanda máis oferta cultural e deportiva en Sada
Alternativa dos Veciños pide o voto este 26 de maio para lograr representación coa cal asegurar unha mellora nas infraestruturas culturais e deportivas para o municipio de Sada.
Sada é un municipio con moitísimas oportunidades a nivel deportivo e cultural. Os diferentes gobernos municipais non aproveitaron estas opcións ao máximo. Desde Alternativa dos Veciños fomentaremos os espazos públicos para enriquecer a vida cultural de Sada tales como centros sociais e de lecer. Tamén impulsaremos festivais de música, poesía, danza e artesanía. A nivel deportivo melloraremos as infraestruturas actuais para garantir unha oferta deportiva de calidade que as veciñas e veciños merecen.