Alternativa dos Veciños demanda que o Estado contrate de inmediato a obra de dragado da ría

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños demanda que o Estado contrate de inmediato a obra de dragado da ría

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Os 20 millóns de euros procedentes de fondos europeos correspondentes á Xunta de Galicia para obras de saneamento xa poden ser empregados para o dragado da ría da Pasaxe, tal e como informou o propio organismo autonómico. Dado que o orzamento do Estado que está neste momento en vigor conta cunha partida de 26 millóns para esta actuación, sería posible iniciar a licitación desta obra sen máis dilacións, que ten un custo total de 46 millóns de euros.

“Agardo que o Goberno do Estado contrate esta obra de inmediato porque van finalizar os prazos para este investimento. Sería gravísimo perder os 46 millóns de euros que hai para esta obra pola neglixencia de non licitar a obra. É unha actuación moi necesaria, pola que se leva agardando moitos anos, e que debe ser unha realidade dunha vez por todas… Neste caso hai que agradecerlle ao BNG que fixo xestións ante a Unión Europea a través da súa eurodeputada. Os demais grupos con representación en Bruxelas estaban durmindo”, dixo o presidente de Alternativa Ángel García Seoane.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!