Alternativa dos Veciños demanda a paralización da ampliación do aeroporto de Alvedro e da pegada sonora

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños demanda a paralización da ampliación do aeroporto de Alvedro e da pegada sonora

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños vai presentar unha moción nos plenos municipais de Carral, Cambre, Culleredo e Oleiros para demandar ao Goberno central a anulación do expediente de ampliación do aeroporto de Alvedro. Esta ampliación non é necesaria xa que existen outras alternativas que non terían custo algún, como son as instalacións de Lavacolla.

Alvedro é un aeroporto que debe seguir a prestar os seus actuais servizos. Debido á súa situación urbana, calquera ampliación que se puidese abordar sería insuficiente para acadar unha mellora notable dos voos. O Ministerio debe planificar o servizo aéreo de Galicia de maneira conxunta, centrando en Santiago de Compostela as posibles ampliacións de rutas, tanto interiores como internacionais para dar servizo a empresas e pasaxeiros galegos. Ademais, a posta en marcha do AVE tamén minorará o uso de liñas aéreas.

Na moción que se levará aos plenos municipais da comarca tamén se solicita que o Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana deixe de hipotecar as propiedades veciñais, tanto das que se virían afectadas por un posible ampliación do aeroporto como polas afectadas pola nova pegada sonora, que Alternativa dos Veciños demanda que quede sen efecto.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!