Alternativa defende en Bergondo o planeamento para o desenvolvemento ordenado dos concellos

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa defende en Bergondo o planeamento para o desenvolvemento ordenado dos concellos

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa dos Veciños celebrou un acto público esta tarde en Guísamo para presentar o seu programa electoral no Concello de Bergondo. O partido da margarita aspira a incrementar a súa presenza na corporación municipal para continuar mellorando os servizos e os equipamentos públicos deste municipio.

Entre outras cousas, o candidato Juan Fariña falou da importancia do traballo realizado desde o Goberno durante os dous últimos anos. “A nosa entrada no Goberno permitiu garantir a gobernabilidade para poder realizar moitos proxectos, para beneficio dos cidadáns. Puxemos en marcha a app Bergondo Contigo, o plan arqueolóxico municipal, a Casa da Mocidade, aglomeráronse moitos camiños, traballamos tamén na mellora da iluminación,…”, comentou.

Fariña explicou que para a vindeira lexislatura conta con máis de 70 medidas concretas para as 9 parroquias do concello. “Imos realizar unha aposta moi importante pola seguridade viaria, polas políticas de benestar para os maiores, proxectos de saneamento e traídas de auga, programas culturais e deportivos, actividades para a mocidade, queremos loitar tamén pola creación de sendas costeiras…”, explicou.

Pola súa parte, o presidente de Alternativa, Ángel García Seoane, falou da importancia de que todos os concellos da comarca conten cun Plan de urbanismo para garantir a seguridade xurídica e que poida existir un desenvolvemento sostible e ordenado, respectuoso co medio ambiente. “Queremos dotar a todos os concellos da comarca de Plan Xeral, para que a nosa comarca poida progresar, que haxa novos servizos e equipamentos públicos, que as persoas saiban o que poden e non poden facer cos seus terreos, que teñamos empresas que queiran asentarse aquí. Sen plans só hai caos e desorde. Por iso queremos estar en todos os municipios, para aplicar as nosas políticas en beneficio dos cidadáns, igual que levamos facendo en Oleiros durante os últimos 40 anos”, explicou García Seoane.[/vc_column_text][vc_images_carousel images=”27995,27989,27988,27987,27994,27993,27992,27991,27990,27984,27985,27983,27981″ img_size=”large” autoplay=”yes” hide_pagination_control=”yes” wrap=”yes”][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_column_text]PROGRAMA ELECTORAL DE ALTERNATIVA DOS VECIÑOS BERGONDO[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_single_image image=”27515″ img_size=”large” alignment=”center” onclick=”custom_link” link=”https://alternativadosvecinos.org/wp-content/uploads/2019/05/programa-bergondo.pdf”][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!