c

Alternativa dos Veciños de Cambre reclama un impulso para o Consello Escolar Municipal de Cambre (CEMC)

Alternativa participou onte neste órgano da comunidade escolar cambresa no que participan representantes de centros escolares, alumnado, ANPAS, asociacións veciñais e sindicatos de ensino para tratar asuntos relativos á planificación dos centros escolares. A presidencia a obstenta o alcalde, pero a ten delegada en Miguel Ángel Gutierrez Nieto, Concelleiro do PSOE da área de Educación.

O citado concelleiro non permitiu afondar nun asunto sobre o transporte escolar e permitiu a votación de membros do consello que non teñen dereito a voto. Na reunión non se aportaron novidades sobre temas tan relevantes como a construción do novo instituto e tampouco se abordaron temas actuais como os posibles recortes nos cadros de profesorado.

Este órgano é imprescindible para mellorar a situación educativa municipal, pero non pode ser convocada solo unha vez ao ano e deixar temas relevantes fora de debate, nin as inquedanzas dos membros do consello sen atender. Polo que, Alternativa reclama ao alcalde un impulso para o CEMC e unha nova convocatoria do mesmo con temas relevantes a tratar ao inicio do vindeiro curso escolar.

Novas relacionadas