culleredo_candidatura_web_2

Alternativa dos Veciños Culleredo traballará polo artellamento da Área Metropolitana da Coruña

Alternativa dos Veciños Culleredo propón un artellamento supramunicipal en forma de Área Metropolitana para ofrecer solucións prácticas aos problemas comúns da comarca.

A través deste ente que, en ningún caso, suporá unha duplicidade, os municipios da comarca poderán abordar conxuntamente políticas de desenvolvemento sostible para mellorar o emprego, o urbanismo, o transporte público e esixir o compromiso doutras administracións coa área metropolitana máis importante de Galicia.

Precisamos dunha xestión seria co local e a fórmula da Área Metropolitana daranos máis forza á hora de reclamar conxuntamente a mellora das infraestruturas, o dragado da Ría do Burgo ou a calidade do transporte público.

Novas relacionadas