[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños critica a pegada de carteis electorais no mobiliario urbano
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa denuncia a falta de coherencia de grupos políticos que se din de esquerdas e progresistas, que propoñen nos seus programas supostas medidas ecolóxicas, e despois empapelan a cidade colocando carteis electorais en espazos prohibidos polas leis e polo sentido cívico: mobiliario urbano, contedores, casetas de compañías eléctricas, cabinas telefónicas, escaparates de comercios,… No son quen para falar dunha cidade limpa se dan este exemplo de falta de civismo.
“Non imos presentar denuncia ante a Xunta Electoral de Zona, porque nós non facemos persecucións políticas. Os veciños e veciñas da Coruña no van ver un só cartel de Alternativa emporcando a súa cidade”, dixo o candidato Pedro Armas.
En Alternativa vimos demostrando desde hai décadas que o coidado da paisaxe urbana é unha das nosas prioridades políticas. Facemos compatibles o desenvolvemento urbanístico e a calidade ambiental. Humanizamos a paisaxe construída e protexemos o medio natural.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_column_text]OS COMPROMISOS DE ALTERNATIVA DOS VECIÑOS NA CORUÑA[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]