[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]A aprobación do Consello Municipal de Cultura da Coruña neste vertixinoso sprint electoral antes do comezo da campaña á municipais mostra con claridade a forma de gobernar de Inés Rey e Lage Tuñas: improvisación, urxencia electoralista, manobras de distracción e medidas inútiles e ineficaces.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]O candidato de Alternativa dos Veciños á Alcaldía coruñesa, que veu denunciando con indignación a inexistencia dunha Concellería de Cultura na nosa cidade, tirou nesta ocasión de ironía: “O Goberno municipal aplica a vella receita, Se queres que algo non funcione, crea unha comisión”.
Paz Gago lembrou que el mesmo foi convocado á primeira reunión para constituír este Consello Municipal de Cultura, onde puido comprobar o escepticismo dun sector abandonado á súa sorte e sen interlocutores no Concello. O Candidato de Alternativa tamén apuntou que xa existe un Consello da Cultura Galega e que un organismo desta natureza a nivel municipal non fará máis que entorpecer a actividade cultural nunha cidade que foi referente de propostas culturais de todo tipo no pasado.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]