Alternativa dos Veciños creará unha senda costeira entre Canide e Naval
Para conseguir que toda a costa de Oleiros sexa transitable, Alternativa dos Veciños pretende crear unha senda costeira entre Naval, en Dorneda, e Canide, en Maianca. Agora mesmo ese é o único tramo de todo o litoral oleirense polo que non se pode pasear libremente.
A nosa fermosa costa, paseos marítimos, os ríos, os montes, os parques e xardíns, o monumento natural son unha das claves do Oleiros que debuxamos, do Oleiros que queremos para o futuro. Á conservación das árbores senlleiras súmanse milleiros de novos exemplares que presiden estradas, camiños, beirarrúas e parques urbanos facendo de Oleiros un hábitat verde e singular.