Alternativa dos Veciños crea a Escola Municipal de Golf de Oleiros

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños crea a Escola Municipal de Golf de oleiros

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Coa recente posta en marcha do Campo de Golf de Xaz, o Concello de Oleiros ten interese en divulgar e dar a coñecer a práctica do golf entre a poboación en idade escolar do municipio. Para iso, e grazas a un convenio de colaboración entre o propio Concello de Oleiros e as sociedades que xestionan o campo de golf de Xaz, créase a Escola Municipal de Golf.

Esta escola deportiva ten por obxectivo iniciar os rapaces e rapazas de Oleiros nacidos entre 2004 e 2011 no deporte do golf ao tempo que se inculcan valores propios da disciplina en particular e do deporte en xeral. O Concello de Oleiros achegará todo o material necesario para a actividade, que terá un custo mensual de entre 17 e 8 euros, en función das idades.

O prazo de preinscrición será do 1 ao 14 de setembro a través da sede electrónica do Concello. En total ofertaranse 80 prazas.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!