Alternativa dos Veciños cortará a N-550 se a Xunta non dá marcha atrás nos recortes pediátricos en Carral

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños cortará a N-550 se a Xunta non dá marcha atrás nos recortes pediátricos en Carral

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa dos Veciños manifesta o seu total rexeitamento ao novo recorte do Sergas en Carral, que supón a supresión temporal do servizo de pediatría no Centro de Saúde do municipio. Esta medida semella estar baseada en criterios políticos e non nas necesidades dos veciños. Ademais de non existir razóns obxectivas para adoptar esta decisión, tampouco se ofreceron explicacións por parte da Xunta de Galicia.

Para presionar ao Sergas e lograr que dé marcha atrás nesta inxusta medida contra os veciños de Carral, Alternativa dos Veciños iniciou unha recollida de firmas na plataforma change.org e tamén apoiará ao Concello na súa recollida de firmas. No caso de que non se modifique esta decisión, Alternativa cortará o tráfico da estrada N-550 ao seu paso por Carral.

Hai partidos aos que se lles enche a boca falando da defensa da familia, do apoio á España vaciada, pero cando recortan servizos públicos non pensan nos cidadáns dos pobos que queren medrar. As familias de Carral teñen dereito a un servizo de pediatría no seu municipio, sen desprazarse a Cambre nin á Coruña.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!