[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños seguirá potenciando a educación dos sentidos no Concello de Oleiros
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños continuará ampliando as actividades extraescolares (especialmente as vencelladas á educación na natureza, vida saudable, actividades deportivas…), as infraestruturas para o estudo (ampliación e creación de novas aulas de estudo en bibliotecas) e mellorando programas de apoio ao estudantado, na tarefa de completar aquelas carencias que poidan xurdir por diversas circunstancias.
Alternativa seguirá coidando as Escolas de Música, Danza e Teatro, que están acollendo a unha cantidade inxente de rapazas e rapaces que queren iniciarse no mundo artístico. Estes centros municipais son primeiro chanzo cara unha profesionalización na materia e o berce dos e das artistas do futuro.
Aínda non sendo unha competencia municipal, as entidades locais poden e deben unir esforzos encamiñados a satisfacer as demandas educacionais da poboación. Neste sentido, Oleiros conta cunha boa rede de centros de educación infantil, primaria e secundaria que xunto cun profesorado comprometido alimentaron unha mocidade culta, creativa, crítica e libre.
Alternativa dos Veciños seguirá colaborando desde o Concello cos colexios, institutos e ANPAS coa fin última de optimizar e mellorar os recursos obtidos ou de solicitar outros novos, segundo as demandas poboacionais actuais.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_column_text]PROGRAMA ELECTORAL DE ALTERNATIVA DOS VECIÑOS[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]