marti

Alternativa dos Veciños continuará coidando o patrimonio natural do Concello de Oleiros

Para manter a liña da xestión realizada desde sempre no Concello de Oleiros, Alternativa dos Veciños vai seguir coidando, mantendo e promocionando o patrimonio natural. O compromiso coa natureza é unha das pedras angulares do proxecto da Alternativa dos Veciños.

Alternativa dos Veciños comprométese a realizar un paseo fluvial ao longo do río desde Iñás ao Seixal dotado de zonas verdes; continuarase adquirindo solo para conseguir os 400.000m2 do Parque Metropolitano entre Perillo e Liáns; rematarase o Parque Costeiro de 128.000 m2 entre Santa Cruz e a Praia de Bastiagueiro; e realizarse a prolongación do Paseo da Ría do Pasaxe, O Paraíso e O Graxal.

Novas relacionadas