DP_1704_cambreweb

Alternativa dos Veciños considera urxente a mellora da seguridade viaria en Cambre

A candidatura encabezada por Raúl Varela pon de manifesto as carencias do municipio en materia de seguridade viaria en moitos puntos das estradas de titularidade municipal, provincial e autonómica.

Alternativa dos Veciños considera necesaria a mellora de moitas vías do municipio. Na entrada a núcleos importantes como Cambre a seguridade viaria é deficiente. Precísase a construción de beirarrúas e a conservación das vías públicas en Cambre, en Sigrás na Barcala e no Temple. No caso de Sigrás a demora na construción das beirarrúas na marxe da AC-14 é inaceptable. É imprescindible unha boa comunicación interadministrativa para asegurar unha rede viaria segura e de calidade en Cambre.

Novas relacionadas