Alternativa dos Veciños considera necesario revitalizar a vida deportiva de Carral
O candidato á alcaldía Javier Gestal apunta á necesidade de mellorar a infraestrutura deportiva existente e crear novas oportunidades para o deporte de base do municipio en colaboración coas entidades deportivas.
Para Alternativa dos Veciños as entidades deportivas son axentes sociais imprescindibles para a vida de Carral. Falaremos con elas para estudar as melloras dos equipamentos e infraestruturas deportivas do municipio, a dinamización das actividades físicas e a creación de competicións, cursos e actividades xestionadas desde o Concello.
Faremos do deporte un dos piares básicos da vida municipal para asegurar o benestar e a saúde das veciñas e veciños de Carral.