Alternativa dos Veciños considera irrenunciable unha segunda rotonda en Guísamo, na zona do “Eurofruit”

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños considera irrenunciable unha segunda rotonda en Guísamo, na zona do “Eurofruit”

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]O Ministerio de Fomento terá en conta diversas alegacións presentadas por particulares para a obra da rotonda no cruce de Ferrol. En cambio, non contempla polo momento algo que desde Alternativa dos Veciños consideramos fundamental para o futuro de Guísamo: a creación doutra rotonda á altura de “Eurofruit”.

O Goberno municipal presentou no seu día, a iniciativa do actual primeiro tenente de alcalde e concelleiro de infraestruturas, urbanismo e medio ambiente, Juan Fariña, unha alegación que pretende ir máis aló na reordenación da N-VI ao seu paso por Guísamo que sería a creación desa outra rotonda á altura de “Eurofruit”. En vista de que Fomento non ten previsto incluír esta mellora, desde Alternativa dos Veciños anunciamos que loitaremos para que se contemple esta proposta, que consideramos estratéxica e irrenunciable para Guísamo.

Propoñemos que o tráfico do núcleo urbano se articule (xiros, cambios de dirección…) en dúas glorietas, unha xa prevista por Fomento no cruce coa estrada de Cambre e outra que se crearía na zona de “Eurofruit” (de facto un lugar onde xa se realizan múltiples cambios de sentido). Con esta solución poderíase suprimir a illeta central da estrada e posiblemente tamén a incorporación e saída de San Paio.

Isto permitiría dotar a Guísamo de novo espazo gañado na beirarvía para aparcadoiro, tan necesario para os negocios e as vivendas. Guísamo gañaría vida, sen dúbida. E por suposto retiraríamos definitivamente aos vehículos subidos ás beirarrúas.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!