raul

Mañá celébrase unha asemblea informativa de Alternativa dos Veciños en Cambre

Alternativa dos Veciños de Cambre ten convocada para mañá xoves 4 de abril unha asemblea informativa aberta a todos os cidadáns do municipio. O acto terá lugar en Casa O Cesteiro, ás 20:00 horas, e contará coa participación de Raúl Varela Fraguío, candidato de Alternativa á alcaldía de Cambre.

As persoas que forman Alternativa dos Veciños de Cambre participarán neste encontro ao que pode acudir calquera persoa que simpatice co grupo. Esta será a primeira das convocatorias coas que se pretende dialogar coa veciñanza, escoitar e informar sobre o programa electoral de Alternativa en Cambre.

Novas relacionadas