Alternativa dos Veciños celebra o seu acto central de campaña en Bergondo este martes, en Guísamo
Alternativa dos Veciños ten convocado para este martes 21 de maio ás 20:00 horas no praza pública de Guísamo o acto principal da campaña electoral en Bergondo, no que as persoas asistentes estarán invitadas a unha gran chourizada. Está previsto que interveñan Juan Fariña, candidato á alcaldía, e Ángel García Seoane, presidente de Alternativa dos Veciños.
Alternativa dos Veciños preséntase no Concello de Bergondo co obxectivo de incrementar a súa representación na corporación para incrementar os servizos e equipamentos públicos e poder seguir mellorando a calidade de vida dos veciños e veciñas, como levan facendo Juan Fariña e Eloy Babío desde a súa entrada no Goberno municipal. Con Juan Fariña como candidato, Alternativa conta cun programa electoral no que se inclúen máis de 70 actuacións concretas para as 9 parroquias, centradas en boa parte na mellora da seguridade viaria.