Alternativa dos Veciños celebra a resolución xudicial sobre as obras da Vía Ártabra
Alternativa valora de xeito positivo a resolución que desestima as alegacións do Concello de Cambre contra a execución do tramo da Vía Ártabra (AC-221 – polígono Espíritu Santo).
Este ditame xudicial ven a confirmar a realidade de que as conexións da Vía Ártabra teñen que ser executadas. A Xunta sacará a licitación a segunda fase destas obras que mellorarán a contorna, dotándoa de mellores infraestruturas e progreso. Unhas obras que teñen que rematar ao final coa conexión en A Rocha.
Desde Alternativa dos Veciños seguiremos defendendo unha mellor rede viaria e infraestruturas para conectar a comarca da Coruña, a máis importante de Galicia. Non se pode boicotear o progreso e convidamos ao Goberno de Cambre a que deixe de mirar polos seus intereses particulares e pense máis nas veciñas e veciños do municipio.