[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O bus urbano da Coruña chegará ata Santa Cristina a partir do 15 de xuño
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]A liña de bus urbano 1-A da Coruña vai estender o seu percorrido ata Santa Cristina desde o 15 de xuño ata o 15 de setembro durante os próximos catro anos, coa posibilidade de ampliar o servizo outros catro máis. Tras case un ano de espera, o Concello recibiu a documentación definitiva por parte da Xunta de Galicia, que dilatou os trámites administrativos sen ningún tipo de xustificación.
O pasado 20 de abril de 2018 o Concello de Oleiros propuxo a creación dun servizo de transporte público ás praias de Oleiros durante o verán desde os municipios da Coruña, Cambre e Culleredo para mellorar a mobilidade nas estradas. Aínda que en Cambre e Culleredo a empresa que ten a concesión se negou a realizar o servizo, no caso da Coruña si que existiu acordo entre todas as partes. Incomprensiblemente, a Xunta de Galicia puxo numerosas trabas burocráticas para que o servizo non chegase a funcionar no verán de 2018.
De luns a venres, o primeiro bus sairá ás 6:30 horas do Abente y Lago e o último ás 23:00 horas. Os sábados haberá buses desde A Coruña de 6:30 a 22:50 horas. Os domingos o servizo irá desde as 7:25 ata 23:00 horas.
Desde Santa Cristina, de luns a venres, haberá buses desde as 7:00 ata as 22:55 horas. Os sábados os horarios serán de 6:55 ata 22:09 horas. Os domingos e festivos de 7:50 a 22:46 horas.
As frecuencias oscilarán entre os 15 e os 20 minutos en ambos sentidos.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][gem_youtube video_id=”KKpdqZjpdWs”][/vc_column][/vc_row]