O mércores inaugúrase a nova biblioteca pública de Oleiros

l3

O mércores inaugúrase a nova biblioteca pública de Oleiros

Todos os veciños e veciñas de Oleiros están invitados a participar no acto público de inauguración da oitava biblioteca pública do municipio, no Pazo de Lóngora. Será este mércores día 9 de febreiro, ás 11:00 horas, e entre outras autoridades contará coa presenza de Julio Abalde Alonso, reitor da Universidade da Coruña; José Arnau Sierra, vicepresidente da Fundación Amancio Ortega; e Ángel García Seoane, alcalde de Oleiros.

O Concello rehabilitou as cortes do pazo para crear esta nova instalación cultural, reservada exclusivamente para contidos medioambientais. A Fundación Amancio Ortega achegou 260.000 euros para sufragar a totalidade da obra e o traslado dos libros.

Novas relacionadas