Alternativa dos Veciños audita os compromisos pendentes de cumpremento derivados da implantación do Porto Exterior con Arteixo

Alternativa dos Veciños iniciou unha revisión dos principias compromisos Medioambientais e Arqueolóxicos pendentes de cumpremento por parte da Autoridade Portuaria da Coruña, e dos que o Goberno Municipal de Arteixo pasa por alto , derivados da implantación do Porto Exterior da Coruña, en Langosteira.

Entre os asuntos que figuran atopase o deterioro e desaparición de diversas praias do Concello , como pode ser a de “Area Grande”, en Suevos, e sua afectación a todo o ámbito costeiro municipal. Tamén denunciará falta de avances co Centro de Interpretación do “Castro de Cociñadoiro”, dun altísimo valor cultural e arqueolóxico.

A veciñanza trasladou a Alternativa dos Veciños de Arteixo como a natureza das praias cambiou drásticamente dende a construcción do Porto Exterior, coa desaparición da area fina en amplas zonas, outras invadidas polos cantos, o deterioro do cantil, así como a afectación a pesca e o marisqueo.

No caso do “Castro de Cociñadoiro” leva máis de 20 anos almacenado e a pesar de anunciarse a apertura no 2012 dun centro de interpretación, hoxe continúa sen materializarse.

Alternativa dos Veciños é crítica coa ausencia de este e outros avances por parte da Autoridad Potuaria da Coruña e o Concello nestes compromisos adquiridos con os cidadans de Arteixo. Por iso, estudará cales son ás vías máis oportunas para esixir o seu cumprimento, sin descartar a acción xurídica para a revisión ou paralización das axudas públicas ou subvencions procedentes das diferentes administracions, incluidos os fondos europeos , en tanto non se cumpran os compromisos adquiridos.

Comparte esta nova!