Alternativa dos Veciños aspira á creación dun viveiro de empresas en Bergondo
Alternativa dos Veciños pretende crear un viveiro municipal de empresas e impulsar medidas de apoio específico ás iniciativas emprendedoras da xuventude. Outro dos obxectivos de Alternativa é acadar un acordo co tecido empresarial de Bergondo para que se oferten de xeito regular prácticas á mocidade do concello.
“Nunha sociedade denominada de benestar, todo o mundo ten dereito a un traballo cunhas condicións dignas e desde Alternativa dos Veciños loitaremos para intentar convertelo nunha realidade. Con estas actuacións poderiamos mellorar, en parte, eses índices de emprego na poboación e contribuír ao crecemento global”, comentou o candidato Juan Fariña.
O próximo acto de campaña está programado para o mércores, ás 20:00 horas en Cortiñán, no Centro sociocultural da localidade.