asembleafebreiro

As eleccións primarias de Oleiros celebraranse o sábado 2 de febreiro no Centro Cívico de Santa Cruz

Máis de 250 persoas participaron na asemblea xeral de Alternativa dos Veciños, na que foron presentados os candidatos que participarán nas eleccións primarias de Oleiros. A votación para elixir ás persoas que conformarán a lista electoral, na que poderán votar todos os veciños e veciñas do municipio, terá lugar o vindeiro sábado día 2 de febreiro, de 11 a 19 horas, no Centro Cívico de Santa Cruz, na rúa do Hotel Portocobo.

María José Varela, José Manuel Caridad e Gonzalo López representarán a Dorneda nas primarias. Rosa Méndez, Igor Pérez e Nanda Pérez foron as elixidas en Dexo. De Nós acudirán Belén Taboada, Antonio Molinos e Óscar Brandariz. Por Mera Marga Figueroa, Pablo Cibeira, María Siso, Mapi Taibo e Francisco Pita. Os candidatos de Oleiros serán Teresa Vázquez, Cristina Cebreiro e Noé Espantoso. En Iñás escolleron a Jaime Rumbo, Óscar Deus e Pamela Vázquez. En Liáns sairon elixidos Esther Garrido, María José Santos, Gonzalo Cancela e Marta Martínez. E na asamblea celebrada en Perillo Ángel García Seoane, Sandra Fernández, Luismi Escourido e María Fraga foron os máis votados.

En canto ás próximas eleccións municipais de maio a asemblea foi informada de que os distintos grupos existentes nos concellos da comarca xa están a traballar para a campaña electoral. Tal e como informou o presidente de Alternativa, Ángel García Seoane, está previsto que nas vindeiras semanas se anuncien as persoas que encabezarán as listas así como todos os integrantes das candidaturas.

A asemblea tamén aprobou a modificación dos estatutos, que tiveron que ser adaptados ás novas esixencias legais e que permiten incorporar á Executiva a un representante de cada municipio con representación nas corporacións.

Novas relacionadas