A saída de Arteixo do Consorcio incrementa o seu gasto

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

A saída de Arteixo do Consorcio das Mariñas incrementa o seu gasto municipal

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]A decisión adoptada polo Concello de Arteixo de abandonar o Consorcio das Mariñas ten graves consecuencias económicas para as arcas municipais. Os custos derivados da prestación dos servizos públicos aumentan considerablemente ao ter que  Arteixo de maneira individual.

No caso do servizo de recollida de lixo, o Concello puxo o carro antes dos bois. Gastáronse 5 millóns de euros na adquisición de contedores e camións -cun concurso público no que as bases impediron participar a moitas empresas-, sen ter en conta que a lexislación impide a contratación de traballadores públicos. Así é que o servizo vai comezar funcionando coa metade dos traballadores que non puideron ser contratados directamente polo Concello tal e como pretendía o Goberno local, senón que proceden da plantilla do Consorcio das Mariñas, que impuxo a subrogación dos empregados.

Algo similar ocorreu co servizo de lacería e cancería. Inicialmente, o Concello pretendía gastar 88.405 euros, pero o concurso  quedou deserto. De realizar ese desembolso, estaría a pagar 30.000 euros máis cada ano polos mesmos servizos que anteriormente se lle viñan prestando desde o Consorcio.

Os importantes ingresos económicos que ten Arteixo, principalmente procedentes  industria, non deberían eclipsar os problemas e as necesidades existentes no municipio.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!