sos

Alternativa dos Veciños aprobará unha moción en defensa da sanidade pública

O Goberno municipal de Alternativa dos Veciños vai aprobar no pleno de mañá xoves unha moción, a proposta da Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, para demandar ao Goberno galego a adecuación dos orzamentos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde ás necesidades reais dos Centros de Saúde e dotalos do persoal necesario para garantir unha atención accesible e de calidade.

Non se pode nin se debe admitir o deterioro do sistema polos recortes e privatizacións do Sistema Sanitario Público. Os municipios da Área de Saúde da Coruña necesitan uns servizos públicos de sanidade acordes co desenvolvemento social, cultural e democrático dos tempos actuais.

Ademais, Alternativa dos Veciños vai apoiar a manifestación convocada para o domingo 9 de febreiro, ás 12:00 horas, na alameda de Santiago de Compostela coa que se pretende frear a política de desmantelamento e privatización do sistema sanitario público aplicada polo Goberno Galego.

Novas relacionadas