8m

Alternativa dos Veciños aproba un manifesto feminista no pleno de Oleiros

A proposta de Alternativa dos Veciños, o pleno do Concello de Oleiros aprobou un manifesto con motivo do 8 de marzo, Día da Muller. O documento, no que se demanda un mundo, equitativo, xusto e igualitario, non contou nin co apoio do PP e nin co de Ciudadanos.

Alternativa dos Veciños seguirá a promover desde o Concello de Oleiros iniciativas que contribúan á consecución dun marco máis igualitario a todo os niveis entre mulleres e homes na sociedade, co compromiso de apoiar e difundir todas as mobilizacións que vaian ter lugar co motivo do Día Internacional da Muller. É necesario reivindicar a igualdade de oportunidades nas condicións de traballo e na esfera social, ademais do dereito a vivir sen violencias.

O colectivo GALEGAS 8-M ten convocada para o vindeiro domingo 1 de marzo unha manifestación en Verín. Alternativa dos Veciños anima a toda a cidadanía a participar neste acto.

Novas relacionadas