[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños aproba inicialmente a Relación de Postos de Traballo do Concello de Oleiros
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]O pleno municipal celebrado hoxe na Casa Charry aprobou inicialmente a Relación de Postos de Traballo do Concello de Oleiros. A intención do Goberno municipal de realizar unha nova Relación de Postos de Traballo veu motivada pola urxente necesidade do Concello de confeccionar unha actualizada -a existente databa do ano 2003-, de contar cun novo organigrama administrativo axustado ás esixencias legais e organizativas e de dotarse dunha serie de instrumentos de planificación de recursos humanos actualizados que permitan crear unha estrutura ordenada, xerarquizada, áxil e eficaz.
Na sesión de hoxe tamén quedou aprobado definitivamente o estudo de detalle da mazá R2 do P.P.SUP 3R en Perillo, que ten por finalidade definir as rasantes de implantación das parcelas edificables en relación coa rasante realmente executada na rúa no momento da urbanización.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]