PATRIMONIO_CULLEREDO copiaweb

Alternativa dos Veciños apostará pola recuperación do patrimonio en Culleredo

Alternativa dos Veciños Culleredo sinala a necesidade de poñer en valor o rico patrimonio co que conta o municipio e que está a ser esquecido polo Goberno municipal.

Durante esta lexislatura o noso grupo loitou con insistencia pola posta en valor do patrimonio municipal. Demandamos a recuperación da Reitoral de Celas para a veciñanza, a ruta dos muíños e numerosas sendas peonís. Consideramos imprescindible poñer en valor o noso territorio, potenciar o turismo activo na natureza e desenvolver un ocio creativo.

Non é de recibo que unha ruta natural como a dos muíños se atope nun estado de abandono completo. Culleredo ten potencial de sobra para ser vangarda no turismo natural. Alternativa dos Veciños loitará pola recuperación deste patrimonio.

Novas relacionadas