Alternativa dos Veciños aposta por reindustrializar A Coruña innovando
Alternativa dos Veciños defenderá ante o actual proceso de desindustrialización que vive A Coruña (Fábrica de Armas, Alcoa, Isowat), a potenciación dun tecido industrial propio. As economías con base produtiva industrial ampla resisten mellor a crise que as de base exclusivamente terciaria.
A Coruña debería contar cun Plan Industrial que, a medio prazo, aproveitase as potencialidades do porto exterior, os polígonos, a universidade e o aeroporto. O desenvolvemento fabril precisa dunha concepción metropolitana do territorio.
“Resulta básica a colaboración da Universidade para incentivar a emprendedores e emprendedoras que se integren en clústeres ao amparo das sinerxías das multinacionais instaladas na Área Metropolitana”, dixo o candidato Pedro Armas.