Alternativa dos Veciños aposta por políticas activas de emprego en Carral
Alternativa dos Veciños anuncia medidas concretas para paliar os efectos do desemprego a nivel municipal en Carral.
En Carral, un municipio cun comercio local e uns bens únicos, estamos a sufrir a influencia das grandes áreas comerciais da Coruña. É fundamental apostar polo noso comercio a través do fomento do consumo de proximidade. Tamén é necesario procurar a creación de obradoiros de inserción laboral para outorgar un maior e mellor nivel de formación á nosa xuventude e a persoas nunha situación laboral complicada. Apostar por espazos comúns para o fomento do emprendemento, falando co resto de administracións e presentando solicitudes para os programas de emprego tales como o PEL da Deputación da Coruña.
Este luns ás 20 horas estaremos no centro social de San Vicente de Vigo. O martes teremos o encontro coa veciñanza no local social de Quembre ás 20 horas.