Alternativa dos Veciños aposta pola creación dunha biblioteca municipal en Bergondo
Alternativa dos Veciños loitará para que o municipio de Bergondo conte cunha biblioteca pública. A veciñanza de Bergondo ten dereito a gozar de ferramentas que fagan a vida cultural do concello máis rica.
“Desde Alternativa apostamos por bibliotecas públicas, centros sociais e de lecer, obradoiros de lectura, escritura e infraestruturas, festivais de música, poesía e danza ou artesanía. O fomento destas e doutras actividades fan que conectemos de novo coa nosa orixe cultural e co inmenso patrimonio que, por sorte, temos na nosa zona”, comentou o candidato Juan Fariña.