Alternativa dos Veciños apoia que o Pazo de Meirás sexa dedicado á memoria antifranquista

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños apoia que o Pazo de Meirás sexa dedicado á memoria antifranquista

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños apoiará no próximo pleno da Deputación da Coruña o manifesto presentado por Montse Fajardo, Mª Xosé Bravo e Marta Dacosta en relación ao futuro do Pazo de Meirás. Tal e como indican estas tres mulleres no documento, “a loita feminista non debe ser utilizada de maneira interesada para impedir que o que foi un símbolo do fascismo reverta nun centro dedicado á memoria antifranquista”.

O pazo de Meirás é un símbolo do espolio franquista. “Durante décadas agardamos impacientes a que chegase a hora de recuperalo para o seu lexítimo propietario, o pobo galego, e agora que é posíbel, cremos que é o momento de mudar o seu significado e convertelo no símbolo da restitución da memoria das vítimas e da loita emprendida pola sociedade civil para acabar coa impunidade”, di o texto. No manifesto tamén se explica que “a recuperación e a divulgación da memoria do pobo aldraxado e aniquilado e da súa loita antifranquista desde unha imprescindíbel perspectiva de país, clase e xénero, coa ollada posta tamén na restitución do recordo das mulleres que foron represaliadas, violentadas, abusadas, asasinadas, presas, depuradas, exiliadas, degradadas e escarnecidas e que aínda así foron quen de ser solidarias co pobo perseguido, e resistentes na loita e na transmisión do verdadeiro relato”.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!