[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños apoia as reivindicacións da plantilla de Poligal-Narón
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa dos Veciños súmase ás reivindicacións da plantilla de Poligal-Narón a través dunha declaración insitucional na Deputación da Coruña na cal se rexeita o peche da factoría de Poligal-Narón e se esixe da Xunta e do Ministerio de Industria o compromiso na solución deste conflito.
A compañía Poligal-Narón ven de presentar un concurso de acreedores para a súa planta en Narón, o que suporía a súa liquidación e despedimento dos preto de 120 traballadores e traballadoras que compoñen a plantilla. Esta decisión por parte da dirección afecta a máis de 100 familias da comarca e supón un novo exemplo de falta de interese polas administracións autonómica e central no emprego da zona. Dede Alternativa dos Veciños sumámonos ás reivindicacións das traballadoras e traballadores de Poligal-Narón e esiximos da Xunta de Galicia e do Ministerio de Industria un compromiso activo para a solución inmediata deste conflito, que pasa polo mantemento do centro de traballo de Narón e o mantemento do cadro de persoal.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]