Alternativa dos Veciños anuncia a próxima aprobación no pleno da Deputación dos fondos para as obras de eliminación do tapón de Villa Julia

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños anuncia a próxima aprobación no pleno da Deputación dos fondos para as obras de eliminación do tapón de Villa Julia

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Bergondo informa á veciñanza que no vindeiro pleno da Deputación Provincial da Coruña se someterá a aprobación a reserva de fondos no plan de investimentos (350.000 euros) para a proxecto de ampliación da estrada DP08010 no punto conflitivo de “Villa Julia” en San Paio. Alternativa manifesta o seu desexo e convencemento de que a Deputación -desta volta si- despregará todo o seu arsenal de recursos legais e xurídicos para vencer a resistencia do propietario de “Villa Julia”.

“Desde o grupo municipal de Alternativa queremos salientar a importancia determinante que implica esta decisión, toda vez que transmite a idea de que a Deputación -por fin- cre nas súas propias posibilidades de vencer a resistencia do propietario de “Villa Julia”, Implica tamén que decidiu -tamén por fin- aplicarse a fondo na resolución deste problema enquistado durante décadas e dar cumprimento á demanda histórica dos veciños e veciñas de San Paio. O que se vai aprobar este venres supón un punto de no retorno para conseguir desbloquear aquilo que semellaba imposible de desbloquear. Dende o noso grupo somos optimistas ao respecto, se ben é certo que a nosa satisfacción só será plena cando vexamos a maquinaria traballando na ampliación da estrada nese treito de estrada”, comentou Juan Fariña, voceiro municipal de Alternativa.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!