Alternativa dos Veciños ampliará a oferta de actividades de ocio no Concello de Oleiros
Alternativa dos Veciños pretende incrementar durante a vindeira lexislatura a actual oferta de actividades de ocio e tempo libre que existen no Concello de Oleiros. Recibirán unha especial atención as actividades físicas e saudables ampliando charlas e coloquios sobre a educación afectivo-sexual, talleres sobre drogodependencia ou hábitos saudables.
Alternativa sempre propiciou iniciativas culturais, deportivas e de ocio promovidas polos centros educativos, polas ANPAS e pola mocidade. A educación en valores seguirá a permitir formar a persoas comprometidas, creativas, libres e reivindicativas.