Alternativa solicita no pleno da Deputación a demolición do muro de Villa Julia, en Guísamo

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa solicita no pleno da Deputación a demolición do muro de Villa Julia, en Guísamo

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]O voceiro do Grupo provincial de Alternativa dos Veciños, Ángel García Seoane, presentou un rogo no pleno da Deputación sobre a ampliación da estrada de Guiliade a Guísamo e a demolición do muro de Villa Julia. Neste punto, no que a estrada de dobre dirección non ten máis de 4 metros de ancho, produciuse recentemente un grave accidente cunha vítima mortal.

A Deputación pretendeu no 2004 ampliar a estrada neste punto, pero viuse impedida por un informe realizado desde a Xunta de Galicia no que se argumentaba que a obra afectaba a unhas pilastras, que por certo son de cemento e non as orixinais.

O propietario da finca tamén levou no seu día á Deputación aos tribunais por este asunto. É de resaltar un páragrafo da sentenza no que os argumentos que se ofrecen serían válidos para realizar a obra, por tratarse dunha actuación de interese social e de forza maior: “Un inmueble declarado bien de interés cultural es inseparable de su entorno, salvo que resulte imprescindible por causa de fuerza mayor o interés social, previo informe favorable de la Consellería de Cultura”.

Os veciños e veciñas de Guísamo levan concentrándose varias semanas neste punto para demandar a eliminación deste perigosísimo tapón. Para mañá sábado 29 de febreiro, ás 12:00 horas, está convocada unha nova concentración.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!