Alternativa denunciará nos tribunais os posibles delitos de malversación e prevaricación de Culleredo

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa denunciará nos tribunais os posibles delitos de malversación e prevaricación de Culleredo

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños levará á xustiza as graves irregularidades cometidas polo Goberno municipal de Culleredo por estar cometendo supostos delitos de malversación de fondos públicos e prevaricación. Segundo os cálculos de Alternativa dos Veciños, o Concello de Culleredo leva pagado desde o 2004 sen que se faga o traballo un total de 622.488 euros de máis a empresas privadas.

O servizo de limpeza viaria está sen contrato desde o 2012, vulnerando a lei de contratos da administración pública. Ademais dun importe fixo anual, páganse facturas duplicando os pagos cando o traballo é o mesmo, como por exemplo sucede cos baldeos entre outros.

No mantemento de zonas verdes municipais, o Concello pagou por máis metros cadrados dos que existen. Ao longo dos anos realizáronse diversas modificacións dos metros cadrados existentes de zonas verdes que constatan estas irregularidades, que contaron con informes negativos da secretaria municipal.

No caso do mantemento do campo de fútbol municipal do Olímpico, con herba artificial desde o 2015, o Concello paga anualmente 26.495 euros como se o total de metros do recinto fosen de herba natural e de terreo de xogo, pagando por tarefas que non se realizan nun campo de herba sintética como sega de herba, abono, fertilizacións, resembras…

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!