Alternativa denuncia un vertido ao Río Valiñas

Veciñanza alertou ao grupo municipal da existencia dunha vertedura na Rúa Castro de Silvar, estrada que conecta Sésamo e Rumbo, na que un rexistro da rede de  saneamento público estaba a expulsar presuntamente restos fecais, atravesando a vía e alcanzando o Río Valiñas.

Ante esta situación, Alternativa de Culleredo puxo de inmediato os feitos en coñecemento da Área de Medioambiente do Concello, que indicou que trasladara á incidencia a empresa concesionaria do servizo, Gestagua, para poñerlle unha solución hoxe ó asunto.

Desde Alternativa sublíñase a gran importancia dunha actuación rápida antes este tipo de episodios, pero tamén da importancia dos oportunos mantementos da rede de saneamento para evitar estes incidentes que xeran un impacto ambiental, pero tamén posibles riscos para a saúde pública, así mesmo, solicita se aborden posibles solucións técnicas para evitar que esta situación volva a acontecer.

Comparte esta nova!