[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa denuncia as trabas do Goberno municipal coa nova relación de postos de traballo
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Hoxe chega a convocatoria das comisións informativas para este xoves, coa incorporación do tema da nova relación de postos de traballo. A pesar de que a semana pasada houbo unha xunta de voceiros para expoñer os temas a tratar do vindeiro pleno, en ningún momento dende o goberno municipal se falou sobre a nova Relación de postos de traballo.
Hoxe a tres días da celebración das Comisión se nos achega toda a documentación do importante asunto que afecta a todo o persoal municipal (que consta ademais cun informe negativo de Secretaría Municipal). Desde Alternativa denunciamos este xeito de proceder, poñendo trabas aos grupos da oposición para tratar este tema de vital importancia para mellorar o funcionamento da administración municipal.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]