Alternativa de Arteixo denuncia perigos para a seguridade viaria ante a falta de aparcamentos nas praias

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Arteixo denuncia perigos para a seguridade viaria ante a falta de aparcamentos nas praias

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo denuncia a incapacidade do Goberno municipal para atopar unha alternativa para os vehículos que aparcaban na canteira para ir á praia de Combouzas ou de Barrañán. Antes os bañistas aparcaban os seus vehículos nas chairas xeradas polos traballos de explotación realizados na canteira, pero actualmente coa execución dos traballos de recheo da mesma, os bañistas non teñen suficientes prazas de aparcamento para estacionar os seus vehículos, e é por iso, que se ven obrigados a facelo nas marxes da estrada provincial DP-0514, o que supón un serio perigo para a seguridade viaria.

“Todos os anos, unhas semanas antes de empezar a tempada de verán, algún dos concelleiros do equipo de goberno, vai polas vivendas dos veciños que teñen parcelas nas proximidades das praias de Combouzas, Barrañán ou do Reiro para ver se están dispostos a deixarlle algunha parcela para utilizala como aparcamento durante a tempada de verán. Que fagan e suceda isto é totalmente incomprensible, xa que o concello de Arteixo non pode estar todos os anos pendente das pésimas xestións dos membros do equipo de goberno para saber se no verán estas praias contarán ou non contarán con zonas de aparcamento. Esta situación xera graves problemas tanto para a veciñanza de Arteixo como para a xente que nos vén a visitar” apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa en Arteixo.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!