Alternativa denuncia que un particular está a pechar o camiño público que dá acceso á praia de Barrañán

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa denuncia que un particular está a pechar o camiño público que dá acceso á praia de Barrañán

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo denuncia que un particular está a pechar a continuación do camiño público da Costa, que dÁ acceso á praia de Barrañán, un camiño histórico e que sempre foi denominado como público.

Este tramo que está a ser valado quedou divido no seu momento pola construción da estrada provincial DP-0514, pero non por iso, deixa de ser unha continuación do Camiño da Costa, que é un camiño histórico e que sempre foi denominado como público.

Inexplicablemente, este tramo do Camiño da Costa, nunca foi recollido e incorporado ao inventario de bens municipais por parte do concello. Actualmente, un particular quérese apropiar do citado camiño e privar o acceso aos propietarios das parcelas lindeiras e, tamén privar a todos os cidadáns o acceso polo mesmo á praia de Barrañán. E, como consecuencia deste suceso e, despois de presentar denuncia unha veciña afectada, a titularidade do citado camiño atópase actualmente en proceso xudicial.

Esta situación, volve deixar patente a desastrosa situación e o caos urbanístico no que se atopa inmerso o noso municipio.

Por iso, solicitamos o equipo de goberno, que leve a cabo as xestións pertinentes e, que incorpore de inmediato este tramo do Camiño da Costa aos bens do Concello de Arteixo.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!