Alternativa de Arteixo denuncia que o Sergas pretende deixar o municipio sen matrona durante o mes de setembro

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Arteixo denuncia que o Sergas pretende deixar o municipio sen matrona durante o mes de setembro

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo denuncia a intención do Sergas de non cubrir as vacacións da única matrona da que dispón a atención primaria do municipio.

Unha única matrona para un concello de mais de 33.000 habitantes, con 270 nacementos no 2019, converténdose así nun dos cinco concellos de Galicia que presenta mais nacementos que mortes. É incrible e indignante ao mesmo tempo.

Temos coñecemento de que a matrona de Arteixo ven soportando unha desmesurada carga de traballo debido ao alto número de pacientes que debe atender. Como consecuencia non pode cubrir todas as tarefas que lle corresponden.

Alternativa dos Veciños solicita ao Sergas que proceda a cubrir as vacacións da matrona titular e cumpra o compromiso acadado no pasado mes de febreiro por parte da Xerencia da Área Sanitaria da Coruña, de contratar outra matrona para o Centro de Saúde de Arteixo.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!