Alternativa denuncia os graves problemas de seguridade na cidade da Coruña

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Pide a convocatoria da Xunta de Seguridade cidadá e que se actualice o plan de seguridade local

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]O candidato de Alternativa dos Veciños Coruña, Chema Paz Gago, pide que se reúna con urxencia a Xunta de Seguridade Cidadá e esixe que se actualice o Plan de Seguridade Local

O apuñalamento dun mozo de 18 anos o pasado sábado nunha céntrica praza da cidade non é máis que a punta do iceberg dun gravísimo problema de seguridade que afecta á Coruña nos últimos anos, problemas aos que o Goberno de Inés Rey non soubo ou non quixo buscar solucións. Como acaban de denunciar catro sindicatos da Policía Nacional, a delincuencia e a inseguridade cidadá non deixan de crecer na nosa cidade.

Os problemas máis perentorios viñan afectando a barrios como a Sagrada Familia, Os Mallos ou Montealto: narcopisos, delincuencia de rúa ou o fenómeno da okupación ilegal. Quizais por tratarse de barrios máis ou menos periféricos, o actual goberno municipal non atallou con contundencia esa problemática que agora empeza a afectar tamén á zona máis céntrica, con especial incidencia nos arredores de discotecas e outros locais de lecer dos Cantóns Village, onde se produciron casos de acoso e abusos.

En opinión de Alternativa dos Veciños Coruña, a todos estes conflitos deben buscarse solucións eficaces no ámbito da acción social e educativa pero, cando sexa necesario, tamén policial. É urxente erradicar a delincuencia vencellada ao narcotráfico e ao movemento okupa dos barrios, pero tamén de zonas como o Orzán ou a Peixaría, con graves problemas de orde pública xerados pola movida nocturna, lémbrese o fatal suceso que custou a vida a Samuel Luiz.

“A Alcaldesa bota balóns fora pasando á pelota ao Delegado do Goberno, responsable da Policía Nacional, cando ela é a xefa directa da Polícía Local”,  declarou o candidato de Alternativa á Alcaldía da Coruña, Chema Paz Gago. Lembrou que a Seguridade cidadá corresponde por lei aos diferentes corpos de seguridade, por tanto á Policía Nacional como á Policía Local, que é responsable da seguridade nos espazos públicos como a Praza de San Pablo na que se produciu o apuñalamento. Ambos os corpos policiais adoecen de falta de persoal, cun déficit de case un 25 % de axentes. Dado que a cociente recomendada pola UE é dun axente por 500 habitantes, faltan na nosa cidade case douscentos policías nacionais e locais. Fronte á recuperación do modelo de policía de barrio que reclama o candidato do PP, Alternativa pensa que esa fórmula é inviable nas circunstancias actuais e opta por incrementar as patrullas dotadas de medios de autoprotección e de prevención.

O candidato de Alternativa dos Veciños Coruña pide que se reúna con urxencia a Xunta de Seguridade Cidadá e esixe que se actualice o Plan de Seguridade Local, aprobado hai unha década e, por tanto, obsoleto. Con estes instrumentos, poderase poñer en marcha a solución á inseguridade alarmante que sofre nestes momentos a cidade, incrementándose o persoal das Policías Nacional e Local, dotado dos medios necesarios para afrontar os desafíos de seguridade cidadá e para atallar, moi particularmente, a secuela da violencia de xénero.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!