Alternativa denuncia novamente a irresponsabilidade da Xunta nas inundacións de Sada

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa denuncia novamente a irresponsabilidade da Xunta nas inundacións de Sada

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa dos Veciños de Sada denuncia, unha vez máis, que os asolagamentos que se producen na Braña seguen sen solucionarse pola pasividade da Xunta de Galicia. Malia tratarse dunha competencia autonómica, o Goberno autonómico do Partido Popular non actúa.

O Concello de Sada puxo todo tipo de facilidades para resolver a situación de maneira urxente mediante un acordo a tres bandas coa Xunta e a Deputación, pero a Xunta non volveu pronunciarse. Tampouco contestou á memoria presentada polo Concello para poñerlle fin a esta situación.

“Non podemos seguir agardando por unha solución que non dá chegado. Os riscos e a urxencia son incuestionables. Despois do que pasou no 2016, o de onte podería terse evitado se a Xunta asumise as súas competencias”, dixo María Nogareda, voceira municipal de Alternativa dos Veciños en Sada.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!